Que é o COMPOST?
O compost é un fertilizante natural para a terra que se obtén da degradación de restos de comida e vexetais misturados con materiais leñosos e secos que funcionan como estruturante. É un proceso aeróbico (con aire) que se realiza nos composteiros individuais, comunitarios e plantas de compostaxe.
Propiedades do COMPOST
Propiedades químicas
- Aumenta a dispoñibilidade de nitróxeno (N), fósforo (P), potasio (K), ferro (Fe) e xofre (S).
- Incrementa a eficiencia de fertilización.
- Estabiliza a reacción do chan (pH) (o seu índice de acidez).
- Aumenta os macronutrintes e micronutrintes.
- Inactiva os residuos de praguicidas debido á súa capacidade de absorción.
- Inhibe o crecemento de fungos e bacterias que afectan as plantas.
Propiedades físicas
- Incentiva a actividade microbiana.
- Actúa como soporte e alimento dos microorganismos.
- Incrementa a capacidade de retención de humidade.
- Retén enerxía calorífica.
- Mellora a porosidade, permeabilidade e aireación do chan.
- Permite unha maior esponxosidade e retención de auga.
Propiedades biolóxicas
- Reduce a erosión do chan.
- Incrementa a capacidade de retención de humidade.
Usos do COMPOST
O compost ten diferentes aplicacións en función do seu grao de madurez e do tipo de cultivo ao que se destina. A época máis axeitada para aplicalo é a primavera e o outono, xa que o chan está máis quente e a aportación de compost favorece a actividade dos microorganismos e o desenvolvemento das plantas.
O ‘compost’ fresco é o que tivo un período de madurez curto e no que se aprecia aínda material sen descompoñer. Úsase principalmente como protección fronte ante os cambios de temperatura e de humidade, en especial fronte a xeadas. Ademais mellora as características do chan e evita a aparición de malas herbas.
O compost maduro distínguese pola súa textura terrosa, a súa cor escura e o seu cheiro a bosque. O seu uso principal é como fertilizante en cultivos, xardíns ou plantas domésticas.
No xardín
- Distribúe o compost durante dúas semanas apenas comezada a primavera (entre 0,5 e catro quilos por metro cadrado). Despois, sementa e pon aos costados dos cultivos un pouco de compost durante a etapa de crecemento para unha lenta subministración de nutrientes.
Plantas domésticas
- Mestura un 20% de compost con terra na maceta.
- Pon unha capa de 10 centímetros de espesor de compost ao redor das plantas perennes no outono.
- Té de compost. Agrega varios puñados de compost en 20 litros de auga e déixao así un par de días. Mestúrao diariamente. Dilúe o líquido ata que pareza un té negro e utilízao para alimentar ás plantas, árbores e xardíns.