COMPOSTA NO COLECTOR
É a modalidade máis novedosa (e polo de agora experimental) do programa COMPOSTA
Está pensada para as persoas que, por razóns de espazo, non poden ter un composteiro individual na súa casa, e tamén para aquelas que residan lonxe dun centro de compostaxe comunitario.
Por iso, vivas onde vivas, con esta opción poderás compostar!

Recoñecerás se o teu domicilio está nunha das zonas de Pontevedra onde se usa COMPOSTA NO COLECTOR porque nas rúas vas ver uns novos colectores de cor marrón. Neles tes que depositar os residuos orgánicos que se xeren na túa casa día a día (lembra, son os restos de alimentos e vexetais) . Deberás facelo -sempre- dentro dunha bolsa compostable.
O compost é un fertilizante natural moi útil.
Existen varios tipos de aplicación en función do seu grao de madurez
Como FUNCIONA
Para unirte a COMPOSTA no colector deberás cubrir unha ficha de adhesión. É un programa voluntario e gratuíto e vale para todo tipo de opcións, vivas só/soa ou con máis persoas.
E xa está. Non debes facer nada máis. O noso persoal comunicarase contigo para entregarache todo o que precisas e comezar así a reciclar.
- Un paquete de bolsas compostables
- Un caldeiro especial de 7 litros para ir recollendo os biorresiduos diariamente
- Unha chave electrónica (en forma de tarxeta) que estará adscrita ao teu enderezo
A CHAVE
Por que hai que usar unha chave? Pois porque os colectores marróns están pechados. Coa chave poderás abrilo para deixar a bolsa de biorresiduos cando ti queiras. Cada domicilio adscrito ten a súa.
Así evítase que calquera persoa (de maneira equivocada) poida depositar residuos que non sirvan para facer compost de calidade. Isto é importante, porque a presenza de material non compostable pode contaminar o conxunto e facelo inservible. E claro, ninguén quere que suceda iso!
Para facelo ben é importante comezar cunha correcta separación de residuos orgánicos xa desde a casa. Para obter un bo compost non vale calquera tipo de residuo. Se tes dúbidas sobre o que se pode compostar e o que non, resultarache de utilidade esta guía:

Se tes dúbidas sobre o que se pode compostar e o que non,
Sen horarios
Podes deixar a bolsa no colector marrón a calquera hora do día, aínda que é máis recomendable facelo a partir das 20.00 h. Os residuos do colector marrón recóllense de luns a sábado. Logo trasládanse a unha planta de compostaxe onde, mediante un procedemento ecolóxico, son transformados en compost.