COMPOSTA COMUNITARIA
En Pontevedra xa temos 23 centros de compostaxe comunitario, unha oferta que non para de medrar e que facilita a todas as persoas a opción de compostar.
ÚNETE Á COMPOSTAXE
Se vives preto dunha destas zonas convidámoste a sumarte á compostaxe.
Facelo é doado, tan só terás que cubrir unha ficha de adhesión, separar os biorresiduos que se xeren no teu domicilio e depositalos no colector de achega. O mestre/a composteiro/a asignado a tua zona ofrecerache o asesoramento que precises para realizar correctamente o proceso.
Como COMPOSTO?
O procedemento consta de cinco pasos moi sinxelos:
- Separa ben na casa os biorresiduos. Lembra, non todos os restos sirven para compostar. Se tes dúbidas podes consultar a nosa guía de compostaxe.
- Deposita os biorresiduos no módulo de achega do centro de compostaxe comunitaria máis próximo á túa casa.
- Se trouxeches os residuos orgánicos nunha bolsa plástica lembra tirala no colector amarelo.
- Cubre os teus biorresiduos dentro do composteiro coa mesma cantidade de estruturante (restos de poda triturada) que atoparás no caixón anexo.
- Pecha a tapa do módulo de achega do composteiro.
Compostar nos composteiros comunitarios é cómodo, limpo e gratuíto.
Tamén é solidario, porque co teu xesto contribúes a mellorar Pontevedra e a coidar o medio ambiente.
Solicitude de inscrición
Con ela entrarás a formar parte do programa Composta Comunitario. Grazas ao contacto que nos facilites, o mestre ou mestra composteira do centro comunitario de compostaxe da túa zona, poderá comunicarse contigo para ofrecerche compost cada vez que haxa unha remesa dispoñible.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DE COMPOSTAXE DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
A persoa que asina como representante da unidade familiar, manifesta o seu interese en participar activamente na compostaxe de residuos orgánicos domésticos separados previamente no seu domicilio e así contribuír do xeito máis eficaz á sustentabilidade ambiental mediante a utilización do centro comunitario de compostaxe situado nas proximidades do seu enderezo habitual.