Que se pode compostar?
Para obter un compost de calidade é preciso ter en conta que non vale calquera tipo de residuo orgánico. Aquí tes unha guía.
SI
Restos de froita, verdura, carne, peixe, embutidos, espiñas e ósos
Arroces, pastas e pan
Restos de comida cociñada
Escarvadentes, paus de xeado, serraduras, pequenos anacos de madeira e tapóns de cortiza
Restos de infusións, cafés e as súas bolsiñas ou filtros
Restos de papel de cociña, panos de papel e anacos pequenos de cartón
Cáscaras de ovos e froitos secos
Cáscaras de mariscos
Pequenos restos de xardinería
NON
Restos de comida líquidos ou aceites
Medicamentos
Produtos hixiénicos como cueiros, compresas ou tampóns
Excrementos e outros restos de animais
A bolsa da aspiradora, os seus restos ou os de pasar a vasoira
Filtros de cigarros ou cinzas
Tecidos sintéticos e artigos de pel
Residuos destinados á recollida selectiva: papel, cartón, envases, vidro etc.
Elementos destinados ao punto limpo: pilas, pinturas, cristal, madeiras etc.