Que é a COMPOSTAXE?

A compostaxe é a maneira de converter os biorresiduos –que supoñen o 53% da bolsa do lixo municipal- nun produto fertilizante. Consiste nun proceso aerobio (con aire) e termófilo (con aumento de temperatura) no que están implicados organismos e microorganismos descompoñedores naturais e no que é necesario misturar residuos de cociña e xardín con restos leñosos e secos de podas, serraduras e follas, para producir unha emenda de elevada calidade: o compost. Por cada 100 quilos de materia orgánica obtéñense uns dez quilos de compost peneirado.

En Pontevedra apostamos pola compostaxe como modelo de xestión global, tratando os residuos orgánicos onde se producen (quilómetro cero) a través de centros de autocompostaxe comunitaria, de autocompostaxe individual, e de recollida no colector marrón, exclusivo de residuo orgánico; e nun futuro, ca planta de compostaxe da Canicouva.

Nin vertedoiros nin incineración

O lixo orgánico debe tratarse onde se produce (‘quilómetro cero’) e non precisa ser depositado nun vertedoiro nin incinerado en plantas específicas.

Aforro na recollida do lixo

Ao xestionar os biorresiduos a curta distancia, non é preciso recoller e transportar os residuos orgánicos e, polo tanto, elimínase este elevado custe económico é ambiental.

Aforro no tratamento

A compostaxe a través de autocompostaxe en centros comunitarios, autocompostaxe individual e plantas comarcais é un modelo máis económico que os actuais se se aplica de xeito global.

Redución de emisións de CO2

Ao non trasladar e non incinerar o lixo orgánico, cada cidadán que composta deixa de emitir á atmosfera uns 155 quilos de CO2 ao ano.

Fertilizante natural

Compostar o lixo orgánico municipal ten como resultado a produción de compost, que pode ser utilizado para mellorar a terra e evita o gasto en fertilizantes químicos.

Mellor reciclaxe

A veciñanza que participa nas campañas de reciclaxe e separa correctamente a parte orgánica mellora tamén as ratios de separación de envases, cartón e vidro.

Rúas con Composta no Colector:

Enderezo
Avda Santa María
Avda Buenos Aires
Avda de Marín
Avda de Uruguai
Avda de Vigo (ata o nº 30)
Camiño Vello de Castela
Glorieta Compostela
Pasaxe San Bartolomeu
Paseo Colón
Praza Barcelos
Praza Campo da Torre
Praza Celso de Riega
Praza Cornelious de Holanda
Praza Curros Enríquez
Praza da Constitución
Praza de España
Praza do Organistro
Praza dos Canos
Praza Estrela
Praza Ferraría
Praza Galicia
Praza Peirao
Praza Peregrina
Praza San Xosé
Praza Valentín García Escudero
Rúa 12 de Novembro
Rúa Alameda
Rúa Alfonso XIII
Rúa Alfredo Brañas
Rúa Alfredo García Alén
Rúa Alfredo García Hernández
Rúa Alhóndiga
Rúa Almirante Matos
Rúa Alta
Rúa Altamira
Rúa Álvaro Cunqueiro
Rúa Amado Carballo
Rúa Amargura
Rúa Andrés Mellado
Rúa Andrés Muruais
Rúa Ángel Amor Ruibal
Rúa Antón Fraguas
Rúa Arcebispo Lago
Rúa Arcos de San Bartolomeu
Rúa Arquitecto A. de la Sota
Rúa Arzobispo de Malvar
Rúa Augusto García Sánchez
Rúa Augusto González Besada
Rúa Bastida
Rúa Benito Corbal
Rúa Benito Soto
Rúa Blanco Porto
Rúa Campiño de Santa María
Rúa Campo da Feira
Rúa Campo do Boi
Rúa Casimiro Gómez
Rúa Castelao
Rúa César Boente
Rúa Churruchaos
Rúa Cobián Areal
Rúa Cobián Roffignac
Rúa Conde de San Román
Rúa Condesa Pardo Bazán
Rúa Cruz Gallástegui
Rúa Cruz Vermella
Rúa da Barca
Rúa da Ponte
Rúa Daniel de la Sota
Rúa do Barón
Rúa do Cruceiro
Rúa do Ouro
Rúa do Rouco
Rúa do Urco
Rúa Doctor Fleming
Rúa Domingo Andrade
Rúa Don Filiberto
Rúa Don Gonzalo
Rúa Don Tristán de Montenegro
Rúa Dona Tareixa
Rúa dos Sapos
Rúa Duque de Tetuán
Rúa Echegaray
Rúa Eduardo Pondal (adxacente Uxío Novoneira)
Rúa Eirado de Alvar Páez
Rúa Enfesta de San Telmo
Rúa Enrique Labarta
Rúa Ernesto Caballero
Rúa Estrada
Rúa Fernández Villaverde
Rúa Ferreiros
Rúa Figueroa
Rúa Filgueira Valverde
Rúa Forcarei
Rúa Formigueira
Rúa Fray Juan de Navarrete
Rúa Fray Tomás de Sarria
Rúa Gagos de Mendoza
Rúa Gaiteiro de Soutelo
Rúa García Camba
Rúa García Flórez
Rúa Genaro Pérez de Villamil
Rúa Gómez Charino
Rúa Gonzalo Gallas
Rúa Gregorio Fernández
Rúa Herreros
Rúa Irmáns Sobrino Buhigas
Rúa Isabel II
Rúa Isidoro Millán Mariño
Rúa Javier Puig Llamas
Rúa Joaquín Costa
Rúa Jofre de Tenorio
Rúa José Casal
Rúa José Malvar Figueroa
Rúa José Millán
Rúa Juan Novás Guillán
Rúa Julio Camba
Rúa Laranxo
Rúa Lepanto
Rúa Licenciado Francisco de Paula Cousiño
Rúa Losada Diéguez
Rúa Loureiro Crespo
Rúa Maceda
Rúa Maestranza
Rúa Manuel Cuña Novás
Rúa Manuel de Palacio
Avenida Manuel Quiroga
Avenida María Victoria Moreno (nº 34 a 46)
Rúa Mariscal Pardo de Cela
Rúa Marqués de Aranda
Rúa Marqués de Riestra
Rúa Marquesa
Rúa Martín Fervén
Rúa Médico Germán Adrio Sobrido
Rúa Mestre Soutullo
Rúa Michelena
Rúa Monteleón
Rúa Música
Rúa Nostramo Lourido
Rúa Nova de Abaixo
Rúa Nova de Arriba
Rúa Oliva
Rúa Padre Fernando Olmedo
Rúa Padre Gaite
Rúa Padre Isla
Rúa Padre Luis María Fernández
Rúa Padre Sobreira
Rúa Palamios
Rúa Palma
Rúa Pasantería
Rúa Pastor Díaz
Rúa Pedreira
Rúa Peregrina
Rúa Perfecto Feijóo
Rúa Pilar Bértola
Rúa Pintor Laxeiro
Rúa Poeta Uxío Novoneira
Rúa Poza dos Canos
Rúa Pratería Vella
Rúa Princesa
Rúa Profesor Filgueira Valverde
Rúa Prudencio Landín Tobío
Rúa Rafael Dieste
Rúa Ramón Cabanillas
Rúa Ramón Peña
Rúa Real
Rúa Rodríguez Seoane
Rúa Rosalía de Castro (ata o nº 58)
Rúa Sagasta
Rúa Salgueiriños
Rúa Salustiano Portela Pazos
Rúa San Antoniño
Rúa San Martiño
Rúa San Nicolás
Rúa San Pedro de Alcántara
Rúa San Sebastián
Rúa San Xosé
Rúa San Xulián
Rúa Santa Clara
Rúa Santa Teresa de Jesús Jornet
Rúa Sarmiento
Rúa Sebastián González García Paz
Rúa Seca
Rúa Sierra
Rúa Soportáis
Rúa Sor Lucía
Rúa Tetúan
Rúa Vasco da Ponte
Rúa Víctor Cevera Mercadillo
Rúa Victor Said Armesto
Rúa Virxe do Camiño
Rúa Xan Guilerme
Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado
Rúa Xeneral Martitegui
Rúa Xerardo Álvarez Limeses
Travesía Aduana
Travesía Ánimas
Travesía Comercio
Travesía Eiriña
Travesía Galera
Travesía Padre Amoedo

SI

Composta SI

Restos de froita, verdura, carne, peixe, embutidos, espiñas e ósos

Composta SI

Arroces, pastas e pan

Composta SI

Restos de comida cociñada

Composta SI

Escarvadentes, paus de xeado, serraduras, pequenos anacos de madeira e tapóns de cortiza

Composta SI

Restos de infusións, cafés e as súas bolsiñas ou filtros

Composta SI

Restos de papel de cociña, panos de papel e anacos pequenos de cartón

Composta SI

Cáscaras de ovos e froitos secos

Composta SI

Cáscaras de mariscos

Composta SI

Pequenos restos de xardinería

NON

Restos de comida líquidos ou aceites

Medicamentos

Produtos hixiénicos como cueiros, compresas ou tampóns

Excrementos e outros restos de animais

A bolsa da aspiradora, os seus restos ou os de pasar a vasoira

Filtros de cigarros ou cinzas

Tecidos sintéticos e artigos de pel

Residuos destinados á recollida selectiva: papel, cartón, envases, vidro etc.

Elementos destinados ao punto limpo: pilas, pinturas, cristal, madeiras etc.